O III Magosto de Freituxe chega este sábado a Bóveda

RibeiraSacraXa
As actividades comezarán ás 10:30 horas cunha andaina pola parroquia e ás 19:30 horas dará comezo o Magosto popular
magosto-freitxe
23 Oct 2025

A parroquia de Freituxe prepara a terceira edición do seu tradicional Magosto, que terá lugar este sábado 25 de outubro.

As actividades comezarán ás 10:30 horas cunha andaina pola parroquia, que inclúe ao remate a celebración dunha asamblea xeral de veciñas. Xa pola tarde, ás 19:30 horas, dará comezo o Magosto popular no patio de Casa Duque, cun encontro aberto a toda a veciñanza.

O evento está organizado pola Asociación de Veciñas de Freituxe e combina deporte, tradición e convivencia, mantendo viva a xuntanza cultural e social da parroquia.

⚙ Configurar cookies
0.070190191268921