O III Festival de Charangas regresa a Chantada este sábado


A concellaría de Cultura do Concello de Chantada programa unha nova edición do Festival de Charangas, que se desenvolverá o sábado, 26 de abril ao longo de toda a xornada, levando ambientación musical a distintos espazos da vila do Asma.
A cita pensada para ofrecer novas actividades de lecer para todo tipo de públicos contará coas charangas Europa de Ourense, Louband de Sarria, Os Pendellos de A Golada e Unión Phenosa de Chantada.
Ás 12.30 horas na Praza de Santa Ana haberá sesión vemú, neste caso a cargo do artista local, André Phmollo (Inzo). Xa pola tarde, desde as 19.00 horas as charangas participantes levarán música ás rúas de Chantada ata as 21.00 horas. Pecharase o Festival na Praza de Santa Ana coa actuación da charanga Europa desde as 21.00 horas ata as 22.00 horas. Despois, a festa continuará no Polideportivo Municipal ás 00.00 horas coa actuación da charanga Os Pendellos, seguidos de Louband, ás 01.00 horas, e Unión Phenosa, de 02.00 a 03.00 da madrugada.
“Despois de dous anos co Festival funcionando moi ben, neste terceiro ano, a festa está asegurada. Con esta iniciativa queremos chegar tanto a mozos como maiores e levar ambiente a distintos lugares da vila nunha época en que nos visita moita xente. Así dámoslle un pouco de alegría e festa a veciños e visitantes”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.
