O II Torneo Voleipraia de Pantón terá lugar os vindeiros 26, 27 e 28 de xullo

RibeiraSacraXa
O II Torneo Voleipraia de Pantón terá lugar os vindeiros 26, 27 e 28 de xullo e poderán participar persoas en diferentes categorías
piscina Panton
19 Xul 2023

Os vindeiros 26, 27 e 28 de xullo terá lugar o II Torneo Voleipraia de Pantón, que se celebrará na pista de Voleipraia da piscina municipal.

Así, as persoas interesadas en participar poderán facelo inscribíndose na Casa da Cultura entre as 10.00 e as 12.00 horas e pagando una taxa de cinco euros, sexa da categoría que sexa, sub12 (tríos), sub18 e mixto (parellas).

Ademais dos trofeos finais para os gañadores ou gañadoras, ao final do torneo haberá premios sorpresa e unha camiseta de agasallo para todas as persoas participantes, que desfrutarán dunha xornada deportiva diferente.

Torneo Volei Praia
0.11188387870789