O IES Francisco Daviña Rey pon fin á primiera edición da súa Feira de FP

RibeiraSacraXa
O evento tivo como obxectivo achegar o mundo da Formación Profesional aos máis novos
gloria-prada-feira-fp-ies-dviña-rey
Gloria Prada visita a I Feira de FP Daviña
20 Mar 2025

O Instituto de Educación Secundaria Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos puxo fin este xoves á súa primeira Feira de FP, unha cita que naceu co obxectivo de achegar o mundo da Formación Profesional aos mais novos, a través dunha feira, que reproduciu diferentes obradoiros, con stands de exposición de traballos realizados por alumnos, nos que se puido valorar e apreciar a posta en práctica dos coñecementos adquiridos, nas diferentes especialidades, que se imparten no Instituto.

A Tenente de alcalde, Gloria Prada acompañada polo Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, participou este mércores, nunha visita guiada pola exposición, co fin de amosar o apoio do Goberno municipal a esta iniciativa, que valorou moi positivamente a organización deste evento, cun gran éxito entre os participantes.

Profesores e alumnos, foron explicándolle a Gloria Prada e a José Luis Losada, en qué consiste cada grao de formación que se imparte no Daviña Rey a través de diferentes traballos que materializan con casos prácticos algúns dos coñecementos adquiridos.

Na visita, a Tenente alcalde participou de varias das actividades que, os alumnos das distintas familias profesionais, tiñan preparadas para os visitantes. Dentro da rama sanitaria, colaborou cos rapaces nunha simulación de cita do odontólogo, na medición da presión arterial e mesmo nunha demostración de reanimación cardiopulmonar, tanto en adultos como en bebés.

Non puido faltar nesta xornada, a visita ó taller mecánico, onde os rapaces poñen en práctica coñecementos de mecánica, electricidade e electrónica aplicados á rama automobilística e tamén tiveron ocasión de participar nos talleres que se organizaron dende a rama se servizos socioculturais e á comunidade, descifrando mensaxes en linguaxe de signos ou coa creación de figuras con elementos da natureza.

⚙ Configurar cookies
0.67326688766479