O IES A Pinguela finaliza a creación da "Aula Tech Beauty" destinada á modernizar a FP de Imaxe Persoal

RibeiraSacraXa
O espazo poderá ser utilizado polo alumnado despois do Nadal, reforzando o compromiso do centro coa innovación e a excelencia na formación profesional
aula-imaxe-persoal-ies-a-pinguela
26 Dec 2025

O IES A Pinguela completou recentemente a creación da nova aula tecnolóxica denominada "Aula Tech Beauty". Este proxecto, financiado pola Consellería de Educación cun investimento superior aos 55.000 euros, está orientado á modernización da Formación Profesional na familia profesional de Imaxe Persoal.

As actuacións incluíron a adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico, que xa están rematadas. A nova aula incorpora tecnoloxías avanzadas como sistemas de diagnóstico cutáneo e capilar con intelixencia artificial, realidade virtual e aumentada, software profesional de xestión e deseño, así como equipamento técnico especializado para a práctica profesional.

A reorganización das aulas de estética permitirá que o alumnado comece a utilizar este novo espazo co inicio das clases despois das vacacións de Nadal.

Con esta iniciativa, o centro reafirma o seu compromiso coa innovación e a excelencia na formación profesional, adaptándose ás necesidades actuais do sector da Imaxe Persoal.

⚙ Configurar cookies
0.079842805862427