O IES A Pinguela felicita a Jesús Ledo Cores polo Premio Extraordinario de FP

RibeiraSacraXa
O exalumno acadou o mellor expediente de Galicia na familia de Administración no curso 2023/24
Jesús-Ledo-Cores-IES-A-Pinguela
7 Jan 2026

O IES A Pinguela quixo trasladar publicamente a súa felicitación a Jesús Ledo Cores, antigo alumno dos ciclos superiores de Administración e Finanzas e de Asistencia á Dirección, tras ser recoñecido co Premio Extraordinario de Formación Profesional outorgado pola Xunta de Galicia. O galardón distingue o seu esforzo e o excelente resultado académico acadado ao longo da súa etapa formativa.

Segundo destacou o centro educativo, Jesús Ledo Cores logrou o mellor expediente de Galicia na familia profesional de Administración no curso 2023/24, un recoñecemento que pon en valor tanto a súa dedicación persoal como a calidade da formación recibida.

Dende o IES A Pinguela subliñan que este premio supón un motivo de orgullo para toda a comunidade educativa e un exemplo do nivel académico que se pode acadar a través da Formación Profesional.

⚙ Configurar cookies
0.081770181655884