O IES A Pinguela de Monforte ofrece cursos de balde para desempregados

RibeiraSacraXa
El IES A Pinguela de Monforte de Lemos ofrece cursos gratuítos para desempleados que tendrán lugar de marzo a junio.
monforte ies a pinguela
19 Feb 2022

O IES A Pinguela de Monforte acolle desde marzo ata xuño 3 cursos AFD destinados preferentemente a persoas desempregadas que estean inscritas no Servizo Público de Emprego. Os cursos son de balde e as prazas limitadas.

Do 7 de marzo ata o 5 de xullo desenvolverase o curso de Arranxos e adaptacións de prendas e artigos de téxtil e pel. Terá un total de 408 horas e desenvolverase en horario de 16.00 a 21.00 horas.

Do 8 de marzo ao 29 de xuño será o de Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas informáticos. Impartirase tamén en horario de 16.00 a 21.00 ata completar 388 horas.

O terceiro é o de Servizos auxiliares de estética. Que se impartirá do 9 de marzo ó 21 de xuño tamén en horario de 16.00 a 21.00 ata completar un total de 378 horas.

Os tres son cursos de nivel 1, polo que non se precisa titulación previa para poder asistir.

Os interesados deben de comunicalo na Oficina de Emprego de Monforte.

Estas ensinanzas impártense segundo acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Consellería de Emprego e Igualdade para a coordinación das ofertas de formación profesional nos centros que impartan ensinanzas de formación profesional de Galicia. As persoas que rematen o curso recibirán o correspondente certificado de profesionalidade

Existen axudas para o alumnado reguladas pola ORDE do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023.

0.18420886993408