O IES A Pinguela de Monforte de Lemos participará nun proxecto estatal sobre educación ambiental

RibeiraSacraXa
O Ministerio de Educación e Formación Profesional seleccionou ao centro para participar no Proxecto “Agrupacións de Centros Educativos”
IES-A-Pinguela
11 Nov 2024

O IES A Pinguela de Monforte de Lemos foi seleccionado polo Ministerio de Educación para participar nun proxecto sobre educación ambiental e sostibilidade.

O Ministerio de Educación e Formación Profesional seleccionou ao centro para participar no Proxecto “Agrupacións de Centros Educativos”, xunto co IES Leopoldo Queipo de Melilla e o IES Valle do Segura de Branca (Murcia).

Dita selección implica unha subvención de 10.800 euros para desenvolver o proxecto entre este curso e o próximo. A subvención irá destinada a sufragar as actividades programadas, así como a estancia e manutención do alumnado durante a súa semana de estancia en Melilla e Murcia, respectivamente.

⚙ Configurar cookies
0.88219308853149