O IES A Pinguela celebra o seu 40 aniversario cun acto oficial no centro de ensino

RibeiraSacraXa
O IES A Pinguela celebra o seu 40 aniversario do IES A Pinguela con diferentes actos que se desenvolverán durante toda a xornada no propio instituto.
IES A Pinguela 40 anos
26 Abr 2024

O IES A Pinguela celebra o seu 40 aniversario do IES A Pinguela con diferentes actos que se desenvolverán durante toda a xornada no propio instituto.

Así, ás 12.35 horas terá lugar a conferencia do científico Ángel Carracedo co alumnado de 4º ESO e Bacharelato e ás 19.00 horas desenvolverase o acto oficial no salón de actos do centro.

Neste acto intervirán o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, o alcalde de Monforte de Lemos, Olga Novo fará un recital, acompañada ao piano de Samuel Casas, de Matías Vázquez Yáñez, en representación do primeiro profesorado do centro, Mar López Sotelo, en representación do alumnado das primeiras promocións do instituto e Enrique Sampil, director do IES A Pinguela.

Durante o evento recordarase aos anteriores directores do instituto: Manuel Balea González, Joaquín Trijillo Castilla, José Ramón Casanova Otero e Pilar Silvosa Costa. E tamén a traxectoria dun centro que "desde a súa creación nunca deixou de medrar", explican, xa que actualmente "superamos os 500 alumnos para os que traballamos 79 profesores. Somos 7 grupos de ESO, 6 de Bacharelato, FP Básica e 12 ciclos formativos de 4 familias profesionais: Administración, Imaxe Persoal, Informática e Téxtil".

Por último, ás 21.30 horas acabará a xornada cunha cea de confraternidade no Restaurante Don Manuel e, ao remate, actuará o grupo "Os Parentes" de Sober.

0.18348097801208