O hospital comarcal de Monforte acolle a mostra 'Invisibles' ata finais de mes
RibeiraSacraXa
A mostra 'Invisibles', promovida pola área de Servizos Sociais de Bóveda e no que participaron persoas do centro de persoas con discapacidade Domus VI de Bóveda, está exposta na zona de consultas externas do Hospital comarcal de Monforte ata o día 30 de novembro.
19 Nov 2023

Esta exposición nace a raíz do proxecto ‘Inmarcesibles’ do Concello de Sober sobre a beleza real feminina e as persoas interesadas en apreciar todos os detalles de cada unha das fotografías poderán facelode forma gratuíta.
‘Invisibles’ é un proxecto promovido pola educadora social Carmen Vázquez Fernández e as fotografías fixéronse a través da terapeuta ocupacional Carolina Cotón, que captaron a esencia de mulleres que seguen tendo beleza a pesar do paso do tempo.