O hórreo romano de Proendos de Sober acolleu a presentación da programación do mes do Amandi
A programación da XLIII Feira do Viño de Amandi foi presentada no hórreo romano de Proendos de Sober, así como as actividades que forman parte do mes do Amandi e o cartel anunciador do evento, cuxo autor é o deseñador gráfico Daniel Camino.
Este ano o convidado de honra é o Concello de Quiroga e o pregoeiro será Carlos Sobera, como xa se anunciou, nunha feira que vai comezar o venres 31 de marzo por primeira vez e estenderase durante o sábado e domingo de Ramos.
Para a presente edición están inscritas 23 adegas da subzona de Amandi.
Actos no mes do Amandi
O martes, 7 de marzo, o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober acollerá un obradoiro para o alumnado de decoración de globos para a confección dun panel 8M xigante.
O mércores, 8 de marzo, ás 18.30 horas no Restaurante Berso terá lugar a Cata de viños monovarietais de variedades autóctonas dirixida por David Pascual, presidente da Asociación Galega de Enólogos, e organizada por Vinosacra. Será necesaria a inscrición previa no Concello de Sober.
O mesmo día desenvolveranse varias actividades relacionadas co 8M, como a colocación do decorado de globos no balcón da Casa Consistorial, a presentación en redes sociais do Proxecto de Igualdade do Concello de Sober para 2023 e unha recompilación tamén nas redes oficiais do Proxecto de 2022 'Inmarcesibles'.
O venres, 10 de marzo, ás 17.30 horas haberá unha charla da arquitecta Técnica Lucía Rodríguez nas Merendas con Contos e ás 19.30 horas farase a presentación no Centro Sociocultural de 'A riqueza arqueolóxica de Sober. Resultados das últimas escavacións en Proendos' a cargo do arqueólogo Francisco Alonso Toucido.
O venres, 17 de marzo, ás 17.30 horas os participantes nas Merendas con Contos visitarán os viñedos de Viticultores do Amandi e ás 19.30 horas no Centro Sociocultural farase a presentación do libro 'Aproveitamento do mineral de ferro de Freixo', organizado pola Libraría da Proencia.
O martes, 21 de marzo, ás 12.00 horas na Escola de Hostalería de Rosende terá lugar o concerto 'A cultura musical do noso viño', música de raíz da Fundación Legar.
O mércores, 22 de marzo, ás 12.00 horas no CEIP Plurilingüe Virxe Carme haberá un taller de iniciación a análise sensorial, organizado por Vinosacra.
O xoves, 23 de marzo, de 12.30 a 14.30 horas na Escola de Hostalería de Rosende haberá unha Xornada de Maridaxe: Viño de Amandi con Pataca de Galicia no que colaboran a Fundación Belarmino Fernández e a IXP Pataca de Galicia.
O sábado, 25 de marzo, ás 21.00 horas no Pavillón do CEIP Virxe do Carme terá lugar a presentación da nova tempada de Barantes Sport, organizada por Barantes Sport.
O domingo, 26 de marzo, ás 19.30 horas terá lugar o Recital de Piano a cargo de Laura Ballestrino, organizado polas Xuventudes Musicais de Sober, no Centro Sociocultural de Sober.
O martes, 28 de marzo, de 10.00 a 14.00 horas levarase a cabo o 3º Concurso de sumillers no Centro Sociocultural de Sober e organizado pola Escola de Hostalería de Rosende.
Ademais, do 15 de marzo ao 15 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados ao concurso de carteis da XLIII Feira do Viño de Amandi.
Por outra parte, do 6 ao 14 de marzo a exposición itinerante Inmarcesibles estará no Concello de Bóveda e do 20 ao 31 de marzo no IES Río Cabe de Monforte.