O grupo Viraventos achega a Monforte unha comedia de enredo o día 16

RibeiraSacraXa
O teatro volve esta semana a Monforte, dentro do ciclo de teatro deseñado polo equipo de Goberno para o segundo semestre do ano 2023.
Grupo Viraventos Círculo Saviñao
12 Dec 2023

O teatro volve esta semana a Monforte, dentro do ciclo de teatro deseñado polo equipo de Goberno para o segundo semestre do ano 2023. O salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá o sábado 16 de decembro a partir das 20.00 horas a peza 'A cegueira de Cupido, porque o amor nunca é o que parece' da man do grupo monfortino de teatro Viraventos.

Trátase dunha comedia de enredo con entrada libre e gratuíta dirixida a público adulto. A peza achega catro historias independentes sobre as relacións de parella, que aínda que nun primeiro momento non teñen nada que ver, acaban enredándose e mesturándose as unhas coas outras. Unha sucesión de acontecementos surrealistas e absurdos, serven para mostrar como ás veces as relacións están marcadas por estereotipos sociais que non nos deixan actuar libremente polo medo ao que dirán.

Grupo Viraventos

Viraventos é un grupo formado por once persoas apaixoadas do teatro, que levan moito tempo gozando tando de velo como de facelo. Ano tras ano poñen moito interese na creación e na representación de obras, chegando a conformar unha "gran familia de teatreiros e teatreiras". O seu lema é que ser amador non é menos que ser profesional, simplemente é outra maneira de facer as cousas.

Cartel Viraventos A cegueira de Cupido (1)
0.17416191101074