O grupo Teatreiras de Monforte escenificará a comedia 'Inseguridade Social' en Bóveda
Bóveda acolle unha nova proposta teatral o vindeiro sábado 21 de outubro. A asociación cultural Teatreiras de Monforte presentan a obra Inseguridade Social no centro sociocultural do Concello.
A función dará comezo ás 19.00 horas e recolle unha versión libre de Inseguridad Social de Albert Villaró. Esta peza foi traducida ao galego e adaptaba pola coordinadora e directora do grupo Teatreiras, Francisca Abeledo, para os participantes neste curso 2023, coa intención de que todas e todos poidan gozar e aprender lúdicamente da experiencia teatral.
A obra conta con moito humor as peripecias, equívocos e disparates que se van sucedendo na recepción dun hospital. Por alí pasarán personaxes moi diversas que acabarán revoltos no desenlace final. O servizo de limpeza, as enfermeiras e enfermeiros, as doutoras e doutores, a psiquiatra, as administrativas, varias pacientes e impacientes e un visitador médico moi particular compoñen o abanico de personaxes.
O elenco do grupo que dá vida á peza está formado por persoas de 9 a 80 anos. De feito, para algunhas delas é a súa primeira experiencia na escena teatral.