O Grupo Provincial Popular denuncia a "discriminación" no trato da Deputación de Lugo aos concellos

RibeiraSacraXa
Critican que se aprobara un novo convenio co Concello de Monforte, onde o presidente é alcalde, e a través do cal se verá beneficiado doutros 412.500 euros
PP-no-parque-bombeiros-comarcal-de-Monforte
15 Oct 2024

O Grupo Provincial Popular condena que “medre a insolidariedade e a discriminación do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé” cos concellos da provincia; tras aprobar o ente provincial en Xunta de Goberno un novo convenio co Concello de Monforte, onde el é alcalde, e a través do cal se verá beneficiado doutros 412.500 euros divididos en catro anualidades e despois de que o pasado mes de abril o presidente asinara, por decreto, outro convenio co Concello de Monforte por 600.000 euros, chegando xa, no que vai de ano, a 1.012.500 euros en convenios a porta pechada.

“Tomé dirixe máis fondos da Deputación a Monforte de Lemos a dedo a través de convenios que pretende subir durante os catro anos de mandato ao Plan Deputación para repartir entre tódolos Concellos, baixo criterios algo máis obxectivos”, subliña o portavoz, Antonio Ameijide.

Ao que hai que engadir que dos 250.000 euros que anunciou que aumentaría cada ano, Monforte de Lemos é un dos 5 concellos da provincia que recibiu 50.000 euros máis este ano con respecto ao anterior. "Moi xusto coa totalidade dos concellos da provincia non parece”, incide.

O popular sinala que “entre as competencias propias da Deputación, atópase a cooperación cos Concellos máis pequenos, pero o goberno provincial actúa con sectarismo gobernando só para os seus porque só colabora con Concellos gobernados por PSOE ou BNG”. E, máis concretamente, Ameijide afea que “priorice ao Concello onde é alcalde Tomé por riba do resto de concellos da provincia que tamén precisan a colaboración do ente provincial e, a pesar de que lles trasladan as súas necesidades, non son escoitados”.

Isto supón “unha clara discriminación aos veciños e veciñas do resto de municipios da provincia”. Ameijide subliña que “PSOE e BNG continúan a empregar a Deputación de Lugo como a súa chequeira particular”. De feito, considera que “este goberno segue instalado no seu municipalismo de amiguetes, marxinando a máis da metade dos Concellos da provincia de Lugo soamente porque os seus veciños decidiron que a mellor opción para dirixir o seu municipio era o Partido Popular”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16969299316406