O grupo de teatro Falcatrueiros presenta en Taboada a obra 'Clown Oedipus'

RibeiraSacraXa
Será este sábado no Cuartel Vello
Clown-Oedipus
13 Dec 2025

O Cuartel Vello de Taboada acolle esta tarde, ás 20:30 horas, a representación da obra ‘Clown Oedipus’, a cargo do grupo teatral Falcatrueiros.

Trátase dunha adaptación da traxedia clásica de Sófocles, dirixida por Jouse García, que achega ao público unha reinterpretación contemporánea e creativa dun dos textos máis emblemáticos da dramaturxia universal.

A actuación forma parte do circuito de teatro afeccionado promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que busca apoiar e visibilizar as producións locais, fomentando o acceso á cultura escénica en distintos concellos da provincia. No caso de Taboada, a iniciativa está organizada pola Asociación de Mulleres Landra en colaboración co Concello.

⚙ Configurar cookies
0.076853036880493