O grupo de teatro Augas do Sil triunfou coa súa actuación nas Tardes de Teatro de Ribas de Sil

O grupo de teatro de San Clodio “Augas do Sil”, dirixido por Isaac Lamas, presentou o pasado luns nas Tardes de Teatro de Ribas de Sil dúas novas pezas que trataron temas ben contrapostos: “Morreu a tía María” e “Non casei con todos”.
Ambas as comedias encheron o salón de actos, facendo rir ao público con unha actuación que foi o resultado de meses de traballo e varias tardes de ensaio semanais.
Durante o evento, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), a través do seu grupo de voluntariado do sur de Lugo, acompañou aos actores e instalou unha mesa informativa para recoller colaboracións.
Agora, o grupo de teatro de San Clodio continuará levando as súas representacións a distintas localidades da provincia.