O Grupo de Baile Tradicional e o Grupo de Gaitas Gaiteiros de Lemos protagonizaron os actos litúrxicos das Festas Patronais de Monforte

RibeiraSacraXa
A comitiva institucional do Concello de Monforte participou nos actos litúrxicos de honra á Patroa da cidade, a Virxe de Montserrat
actos-na-honra-da-Virxe-de-Montserrat-en-Monforte
16 Ago 2024

A comitiva institucional do Concello de Monforte participou nos actos litúrxicos de honra á Patroa da cidade, a Virxe de Montserrat, no día grande das Festas Patronais da cidade.

Deste xeito, a comitiva oficial, encabezada polo alcalde, José Tomé Roca, e formada por diversos membros da Corporación Municipal, así como por representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, e diversas autoridades de índole local, galego e nacional, partiu ás 10.30 horas da Praza do Concello, como é tradición, para dirixirse á igrexa de San Vicente, acompañados polo Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte de Lemos e do Grupo de Gaitas Gaiteiros de Lemos.

Deste xeito, recuperouse a tradición que marca que esta celebración na honra da Patroa de Monforte se celebre na igrexa de San Vicente do Pino, algo que foi posible logo de que remataran as obras de mellora en dita igrexa, a finais do pasado ano 2023.

A chegada da comitiva oficial á igrexa de San Vicente tivo lugar ás 11.00 horas; o párroco D. Rafael recibiu ao rexedor municipal e, tras elo, iniciouse a eucaristía na honra da Patroa de Monforte, a Virxe de Montserrat. Tras a eucaristía, que foi cantada pola Coral Polifónica do Concello de Monforte, celebrouse, no atrio e exterior da igrexa, unha procesión coa imaxe da Virxe e unha Ofrenda floral á Virxe de Montserrat na que o alcalde de Monforte depositou flores ante a Virxe.

Tras el, fixérono o resto de membros da Corporación Municipal e demais autoridades presentes, e deseguido, todos aqueles veciños e visitantes que quixeron render sentida homenaxe á Virxe. Tras elo, o Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte, ao son do Grupo de Gaitas Terra de Lemos, executaron diversas pezas de danza diante da Virxe.

Ademais, o prato forte no programa das Festas Patronais foron os Fogos de San Vicente, que tiveron lugar ás 00.00 horas, e o concerto de Álvaro de Luna, que deu comezo tras os Fogos, ás 00.30 horas na explanada da Compañía.

0.15728688240051