O Grupo América e a Panorama actuarán esta noite nas Festas Patronais de Monforte

Monforte deu comezo este luns ás súas Festas Patronais 2025, que se prolongarán ata o 16 de agosto cun programa que combina concertos, tradición e actividades culturais. A historiadora Manuela Sáez González foi a encargada do pregón inaugural, acompañada polo alcalde, José Tomé, que lanzou o foguete e inaugurou a iluminación artística da cidade.
Hoxe, o Grupo América de Vigo actuará na Plaza da Compañía ás 22:30 horas, ao mesmo tempo que a Orquestra do Conservatorio Mestre Ibáñez tocará na Plaza de España. Xa pasada a media noite, a Orquestra Panorama ofrecerá dous pases, ás 00:00 e ás 03:30 horas, na Plaza da Compañía, onde tamén actuará novamente o Grupo América ás 02:00 horas. Ademais, na Plaza de España e na Rúa Cardeal celebrarase o festival “A Rúa é Vosa”.
As celebracións estenderanse ata o vindeiro sábado, 16 de agosto, cun programa cargado de actividades.