O Gran Camiño provocará restricións de tráfico e estacionamento na Pobra do Brollón entre o venres e o sábado

RibeiraSacraXa
O paso da proba ciclista obrigará a pechar ao tráfico a Avenida de Galicia e outras rúas do concello este sábado, 1 de marzo, mentres que as restricións ao estacionamento adiántanse ao venres
gran-camiño-2024
O Gran Camiño 2024
27 Feb 2025

A Pobra do Brollón será punto de saída da cuarta etapa de O Gran Camiño, que terá lugar este sábado 1 de marzo. Para unha correcta organización da proba, o Concello anuncia que haberá unha serie de cortes de tráfico e ao estacionamento entre as xornadas do venres, 28 de febreiro, e o propio sábado 1 de marzo.

As restricións de estacionamento comezarán este venres 28 ás 17.00 horas e rematarán o sábado ás 16.00 horas. En dito período, non estará permitido aparcar na seguintes zonas: Rúa Samoeiro, Rúa Río Rubín, Avenida de Galicia (dende a rotonda ata o cruce coa Rúa Peza) e na Rúa da Feira (dende a rotonda ata a Ponte de San Antonio).

O sábado 1 de marzo, o día da proba, cortarase o tráfico entre as 11.00 e as 16.00 horas na Avenida de Galicia (dende a rotonda ata o cruce coa Rúa Peza) e na Rúa da Feira (dende a rotonda ata a Ponte de San Antonio). A estrada de Cereixa cortarase puntualmente no momento de saída dos ciclistas, que se producirá ás 13:30 horas na Avenida de Galicia, á altura da área recreativa.

⚙ Configurar cookies
0.17308497428894