O goberno municipal de Chantada destina 45.000 euros en axudas á natalidade

RibeiraSacraXa
Serán compatibles con calquera outra axuda e o prazo de presentación de solicitudes será de 4 meses dende o nacemento ou adopción
Natalidad
26 Mar 2025

O Concello de Chantada convoca axudas á natalidade para este 2025, cun investimento de 45.000 euros para a concesión destas axudas, que teñen como finalidade contribuír a fixar poboación, deseñando mecanismos que favorezan o nacemento e crianza de nenas e nenos como axudar cos gastos ás familias no momento do nacemento, “favorecendo así o asentamento de poboación no noso municipio”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

A convocatoria 2025 establece dúas liñas de axuda:

  • Liña 1: Axudas de primeiro ano de nacemento ou adopción. As axudas serán de 800 euros por neno/a nado/a ou adoptado/a no período comprendido entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de decembro de 2025, sempre que non teñan sido xa beneficiarios/as das axudas á natalidade correspondentes ao exercicio 2024.
  • Liña 2: Axudas de segundo ano de nacemento ou adopción. As axudas serán de 400 eurospor neno/a nado/a ou adoptado/a no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2024 e 31 de decembro de 2024, tivesen solicitado ou non a axuda á natalidade do Concello de Chantada correspondente ao exercicio 2024.

Para beneficiarse das axudas deben cumprirse os seguintes requisitos:

  • Os pais, ou polo menos un de eles, deberán estar en situación regular en España e estar empadroados no Concello de Chantada cunha antelación mínima de 1 ano á data de parto ou adopción.
  • Os nenos/as nados/as ou adoptados/as deberán estar empadroados no Concello de Chantada.
  • Os solicitantes ou solicitante da axuda deberá comprometerse a seguir empadroados no Concello de Chantada, el/ela e os nenos/as, por un período de catro anos dende o nacemento ou adopción.

O prazo de presentación de solicitudes será de 4 meses dende o nacemento ou adopción e as solictitudes presentaranse no rexistro Xeral do Concello de Chantada, aportando a seguinte documentación:

  • Libro de Familia e DNI ou NIE do/a solicitante, e tratándose de estranxeiros Documento que acredite a residencia legal en España.
  • Certificado de nacemento expedido polo Rexistro Civil ou copia do auto xudicial de adopción, no seu caso.
  • Certificación de titularidade do número de conta bancaria no que se recibirá a axuda.
  • Declaración xurada de axudas recibidas ou solicitadas para a mesma finalidade.
  • Compromiso de seguir empadroado no Concello de Chantada por un período mínimo de catro anos.
  • Compromiso de proceder á devolución da axuda no caso de deixar de cumprir algún dos requisitos necesarios para ser beneficiario
  • Declaración xurada de estar o corrente coas obrigas tributarias da AEAT E ATRIGA da Seguridade Social

O procedemento de concesión de estas subvencións será o de convocatoria aberta en réxime de concorrencia competitiva. O prazo para a resolución do procedemento será de 3 meses dende a presentación da solicitude. A axuda contemplada nas presentes bases será compatible con calquera outra axuda para a mesma finalidade que poda obterse de outros organismos.

⚙ Configurar cookies
0.88550519943237