O goberno local de Sober será o primeiro de España en constituírse

RibeiraSacraXa
O goberno local de Sober será o primeiro de España en constituírse o vindeiro 17 de xuño ás 00.00 horas da madrugada
CANDIDATURA PP SOBER
13 Xuño 2023

A Corporación Municipal de Sober volverá ser a primeira de España en constituírse, tal e como o explicou o rexedor en funcións, Luis Fernández Guitián, que volverá asumir o bastón de mando nun pleno de investidura convocado para o sábado, 17 de xuño, ás 00:00 horas .

Nos anos 2011, 2015 e 2019 o Concello de Sober e o seu alcalde, Luis Fernández Guitián, xa foron os primeiros en tomar posesión, “algo anecdótico que xa se converteu en habitual e que volve poñer o foco en Sober”, precisa.

O alcalde en funcións explica que “en España son máis de 8.100 Corporacións as que se constitúen o 17 de xuño e Sober non vai ser unha máis, vai ser a primeira”.

A Corporación municipal terá 8 concelleiros do PP, 2 de Agroma Sober e un do PSOE.

0.21237707138062