O goberno local de Quiroga distribuíu as súas concellerías entre o IxQ, PSOE e BNG

RibeiraSacraXa
O goberno local de Quiroga distribuíu as súas concellerías entre o IxQ, PSOE e BNG para mellorar a política do municipio
goberno Quiroga
9 Jul 2023

Confórmase o goberno local de Quiroga despois da sesión plenaria extraordinaria para aprobar a súa organización e a súa dotación económica, que mantén as cantidades fixadas no orzamento municipal: unha cantidade fixa de 3.000 euros anuais por grupo e unha cantidade variable de 180 euros mensuais por concelleiro.

Ademais, fixouse a periodicidade das sesións ordinarias do Pleno da Corporación que será cada dous meses, o último venres de cada mes par, ás 13.00 horas, e creouse a Comisión Informativa Especial de Contas, que actuará como Comisión Informativa de Facenda e que estará presidida polo alcalde e composta por 2 concelleiros do PP, 1 de IXQ, 1 do PSOE e 1 do BNG.

Por outra banda, as contías fixadas por asistencias a Plenos, Xuntas de Goberno, Comisión Informativas e Comisión de Delegados quedaron fixadas en 150 euros por cada unha delas e aprobouse unha dedicación parcial para a Concellería do Medio Rural, Medio Ambiente, Emerxencias e Xuventude de 25 horas semanais retribuídas con 1.193’90 euros netos.

Organización do goberno

Quedou organizada a distribución de cargos de concelleiros do goberno, do que Vicente Parra Vizcaíno será o 1º tenente de alcalde, mentres que Xosé Manuel Fernández Montes será o 2º e Luis Manuel Arias González o 3º. Os tres formarán parte da Xunta de Goberno Local, que presidida polo alcalde, José Luís Rivera Castro, celebrará a súa sesión constitutiva unha vez á semana.

A sesión plenaria remataba co nomeamento das delegacións de Educación, Infancia, Igualdade e Comunicación, para María Teresa Pérez Grao; Emprego, Deportes e Piscinas, para Antonio Marcos Prieto; Medio Rural, Medio Ambiente, Emerxencias e Xuventurde, para Luis Manuel Arias González; Urbanismo, Obras e Servizos Básicos, Cultura, Festexos, Eventos e GDR, para José Luís Rivera Castro; Turismo, Comercio, Promoción Económica, Emprendemento, Xeoparque e Ribeira Sacra, para Vicente Parra Vizcaíno, e Servizos Sociais, Centro de Día, Centro Social, Centro de Atención Temperá, Participación Cidadán e Dinamización Lingüística, para Xosé Manual Fernández Montes.

0.16902089118958