O Goberno local de Monforte vén de precintar un local de hostelaría da rúa Duquesa de Alba
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que a Xunta de Goberno Local aprobou precintar un local de hostalería situado na rúa Duquesa de Alba, por non contar con licencia definitiva de apertura.
En concreto, acordouse incoar expediente de reposición da legalidade urbanística por exercicio da actividade no local, pois estaba amparado unicamente por unha licenza provisional caducada, a cal non permite a apertura do mesmo, por non estar vixente a licencia.
Neste senso, tamén se declarou ineficaz a comunicación previa que a actual xerencia do local presentou solicitando o cambio de titularidade da licencia de actividade económica do citado local, debido precisamente a que este cambio non é posible si non se conta con licencia definitiva de apertura.
O rexedor explica que “decidimos adoptar a medida cautelar de peche do establecemento ante o perigo que a súa apertura pode supor para os intereses públicos, para o cal axentes da Policía Local do Concello procedeu ao precinto do local.".
A medida cautelar de peche e precinto do local realízase para garantir que non se exerza a actividade de xeito irregular, e que non se abra o local, sen o necesario título habilitante para iso, que non é outra cousa que unha licencia en vigor.