O Goberno local de Monforte mellorará a Pista de Voo das Lamas e o camiño que a bordea
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer unha nova obra integrada no programa de investimentos do Equipo de Goberno, que é a mellora sustancial da Pista de Voo das Lamas e tamén da pista que bordea o Campo de Voo dende as pistas de exame de conducir ata os hangares e a pista que da acceso ó Campo de Tiro e á pista do canal.
En conxunto, ambas actuacións suporán 286.108,42 euros, "o que fala por si só da súa importancia, e serán financiados con fondos municipais”. Deste xeito, dende o Equipo de Goberno desenvolverase as actuacións e as obras necesarias para a mellora da actual pista de herba, sobre unha lonxitude de 705 metros.
Como a pista conta cun ancho medio de 13,31 metros, a superficie total de actuación será de 9.385 metros cadrados, sobre unha vía que conta cunha topografía practicamente horizontal. A zona que abarca este proxecto de mellora forma parte dos bens do Concello de Monforte de Lemos.
A pista actual é de terreo natural compactado, pero sen pavimentar polo que o que queremos facer é proceder a pavimentación da mesma con aglomerado en quente. Para elo, será necesario proceder en primeiro lugar ó refino e planeo da mesma. Posteriormente, colocarase unha base de zahorra, incluíndo a regularización e bacheo previo aqueles puntos onde sexa necesario. Sobre ela, procederase ó asfaltado do seu firme a través de aglomerado en quente tipo D-12, de 5 cm de espesor.
Por último, procédase ao pintado das marcas viarias da devandita pista, en cor branca ou amarela segundo as instrucións ditaminadas da normativa aérea para este tipo de pistas. O orzamento para levar a cabo a mellora da pista do Aeródromo das Lamas é de 187.234,38 euros.
Mellora do Camiño municipal de As Lamas
Completará o proxecto anterior a mellora do Camiño municipal das Lamas, que é unha pista de servizo que une a estrada de Currelos co Campo de tiro, vai ser útil e mellorar o servizo ó propio Campo de Voo, ao Campo de tiro e ós veciños da Pista do Canal.
As obras de mellora nesta vía municipal consistirán na pavimentación con rego asfáltico do seu firme nunha lonxitude total de 1,54 km, sobre un ancho medio de 4 metros, polo que a superficie total de actuación será de 5.793 metros cadrados. Dado que o firme, actualmente de terra, está deteriorado, é necesario unha actuación completa sobre o mesmo para proceder dotalo dunha nova capa de rodadura.
Para elo, procederase, na maior parte da vía, á apertura de caixa, para posteriormente colocar unha base de pedra e un triple rego asfáltico. Na parte da vía na que xa existe firme asfáltico, procederase ó seu barrido, bacheo e colocación de dobre rego asfáltico. Para a mellora do Camiño municipal das Lamas, o investimento dende o Concello é de 98.874,04 euros.
“Polo tanto”, concluíu o rexedor, “o importe total destinado á mellora da pista de aterraxe e despegue do Aeródromo de As Lamas así como da vía que lle da servizo, será de 286.108,42 euros, máis dun cuarto de millón de euros, o que fala por si solo da súa importancia”.