O Goberno local de Monforte aprobou as axudas para a celebración de festas de barrios e parroquias

RibeiraSacraXa
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa de que veñen de ser publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, as axudas para a celebración de festas de barrios e parroquias do Concello monfortino, e logo de ser aprobadas en Xunta de Goberno o pasado 18 de marzo.
25 Mar 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa de que veñen de ser publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, as axudas para a celebración de festas de barrios e parroquias do Concello monfortino, e logo de ser aprobadas en Xunta de Goberno o pasado 18 de marzo.

Polo tanto, o prazo de presentación de solicitudes xa está aberto e será ata o 31 de outubro de 2024. Neste senso, o rexedor monfortino salienta que neste ano 2024 dende o Equipo de Goberno destináronse 32.000 euros para este fin, que son 12.000 euros máis que no ano 2023, no que se destinaron 20.000 euros, polo que o incremento é dun 60 % máis en 2024.

Este incremento obedece o obxectivo que dende o Executivo de José Tomé se prantexa que é o de “apoiar e incentivar a realización das festas das nosas parroquias e dos nosos barrios”.

Outra das novidades postas en marcha dende o Equipo de Goberno é que todas as entidades e asociacións solicitantes recibirán un importe de 1.000 euros por anualidade, tanto no caso de festas parroquiais, como das correspondentes a barrios da cidade. Ademais, no caso das parroquias, esta axuda pasa en 2024 de 500 a 1000 euros, co que aumenta o 100 %.

Entre outros requisitos, será imprescindible ter autorización concedida polo Concello de Monforte para a celebración da festa para a que se solicite a axuda, tal e como obriga a Lei de Espectáculos de Galicia. Poderán solicitar estas subvencións todas as parroquias e barrios do Concello de Monforte de Lemos que promovan festas populares.

0.15077185630798