O Goberno local de Monforte apoia as festas organizadas polos veciños a través dunhas axudas

RibeiraSacraXa
A xunta de Goberno do Concello de Monforte aprobou as axudas para a celebración de festas de barrios e parroquias correspondentes a solicitudes presentadas para o ano 2023.
festividade de San Antonio Monforte
17 Nov 2023

A xunta de Goberno do Concello de Monforte aprobou as axudas para a celebración de festas de barrios e parroquias correspondentes a solicitudes presentadas para o ano 2023.

Así, o alcalde, José Tomé Roca, asegurou que desde que é alcalde "manteño un compromiso firme de apoio ás festas que organizan os veciños nos distintos barrios da cidade así como nas diferentes parroquias do Concello, e para o ano 2023, vimos de conceder axudas por importe de case 10.000 euros (9.550 euros), para contribuír a que todas estas asociacións de veciños e comisión de festas poidan desenvolver con éxito os seus actos lúdicos e festivos”, resalta o rexedor monfortino.

En concreto, as parroquias e barrios que obtiveron estas axudas foron as festas da parroquia de Gullade, celebradas o 27 e 28 de agosto, con valor de 500 euros, as festas de Santa Mariña do Monte, celebradas o 1, 2 e 3 de setembro, cunha contía de 500 euros, ou as festas de Reigada, que tiveron lugar os días 21 e 22 de maio, tamén cunha axuda de 500 euros.

Pola súa parte, o barrio dos Chaos, que celebrou a súa festa o día 23 de xuño, contou cunha axuda de 910 euros e a asociación de veciños do barrio de Cobas, que celebrou a súa xuntanza veciñal o 13 de maio, tamén obtivo unha contía de 910 euros.

Por outro lado, os veciños do Chao do Fabeiro celebraron a súa festividade o 31 de agosto e contaron cunha axuda de 500 euros, igual que a comisión de festas de Baamorto, que celebrou o San Mateo Pequeno o día 23 de setembro, e obtivo a mesma axuda.

Máis axudas para os veciños

Con respecto á comisión de festas do barrio de San Antonio, que organizou os festexos do 10 ao 13 de xuño, obtivo unha subvención de 910 euros e a asociación de veciños do barrio de Carude, celebrou o San Lázaro o 24, 25 e 26 de marzo, que tamén recibiron unha axuda de 910 euros.

Pola súa banda, a asociación de festexos da parroquia de Piñeira desenvolveu os seus festexos o 29, 30 e 31 de xullo, cunha axuda do Concello de 500 euros, mentres que a asociacion de veciños do barrio do Val de Lemos contou cunha axuda de 910 euros para as festas celebradas o 24, 25 e 26 de xullo.

Finalmente, a parroquia de Sindrán, que celebrou os seus festexos o 3 e 4 de xuño; a comisión de festas de Marcelle, que celebrou as festas o 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro; a asociación de veciños de A Parte, Camporrío e Remuín cos seus festexos do 21 de setembro, e a parroquia de Tor, que festexou 1 e 2 de xullo, todas elas obtiveron unha axuda de 500 euros.

0.21219420433044