O GDR Comarca de Lugo impulsa varios proxectos comúns con outros grupos

RibeiraSacraXa | TerraChaXa
O GDR Comarca de Lugo celebrou na súa sede de Friol a primeira reunión de traballo en rede na que participaron outro grupos.
reunion gdr comarca de lugo 4 outros proxectos
29 Xan 2023

O GDR Comarca de Lugo celebrou na súa sede de Friol a primeira reunión de traballo en rede na que participaron os Grupos de Desenvolvemento Rural a Asociación Deloa, GDR Ribeira Sacra-Courel, GDR Asdecomor, GDR Salnés Ulla Umia, o GDR Comarca de Lugo e a Fundación Paideia Galiza.

Nesta xuntanza acordouse traballar nunha nova edición de Interritmos Sons do Rural e tamén nunha segunda edición do Coworking de Emprendemento Cultural, dado o éxito da primeira, e para o que contarán co apoio da Fundación Paideia Galiza e a EOI.

Ademáis puxeron o xerme para comezar a traballar noutros proxectos.

Tamén están convocados os veciños destes concellos ao primeiro evento en liña de Acelera Peme Rural Asime Lugo: Solucións dixitais para a túa peme, que se celebrará este martes 31 de xaneiro ás 10:00 horas.

Está destinado principalmente para os emprendedores, autónomos e pemes das zonas rurais da provincia de Lugo.

Para asistir, fai falta inscribirse na seguinte ligazón. Tamén responden dudas no lugo@acelerapyme.asime.es ou noteléfono 982 228 970.

0.20460510253906