O foro da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel suma novas incorporacións

Este mércores celebrouse en Os Peares unha reunión do foro da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, o órgano de participación no que están representados os sectores vinculados a esta área protexida. Durante o encontro, sumáronse ao foro novas entidades: unha comunidade de montes, a Asociación Galega de Custodia do Territorio e a Fundación Uxío Novoneyra, ampliando así a representatividade deste espazo natural.
A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, xunto coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participaron no foro e destacaron a importancia de abrir un novo proceso de adhesión para incorporar a todos os sectores que aínda non están representados, cuxas actividades e intereses estean vinculados á Reserva.
Díaz fixo un chamamento a todas as entidades, asociacións e sectores do territorio a sumarse a este órgano de participación, co obxectivo de colaborar no deseño de accións e actuacións que garantan a harmonización entre a conservación da biodiversidade, o desenvolvemento sostible e o benestar da poboación local.