O Folión de Carros promociónase no Salón Turístico Turexpo Galicia

RibeiraSacraXa
O expositor do Concello de Chantada tamén leva a Silleda o Camiño de Inverno e o Entroido Ribeirao
turexpo-stand-chantada
Expositor do Concello de Chantada en Turexpo 2025
5 Jun 2025

Do 5 ao 9 de xuño celébrase en Silleda unha nova edición do Salón Turístico Turexpo Galicia enmarcado na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. A celebración figura no calendario nacional como unha cita destacada para todos os axentes clave do sector por ser punto de encontro para mostrar e descubrir o presente e o futuro no ámbito do turismo.

“Chantada volve a estar presente en Turexpo Galicia para dar visibilidade a eses recursos que nos fan destino inescusable no interior de Galicia e na Ribeira Sacra”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

No stand do Concello de Chantada promociónase o Folión de Carros, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2002 e Ben de Interese Cultural desde o 2019. É ademais, a oportunidade de presentar outros recursos turísticos, “Tamén levamos a Silleda o Camiño de Inverno e o noso Entroido Ribeirao. O sector turístico e os visitantes coñecerán máis do Monte do Faro que ademais de excelente miradoiro natural, agora é Destino Starlight como a nosa ribeira”, asegura o rexedor local.

No stand do Concello de Chantada lémbrase que desde aquí fanse os quilómetros necesarios para conseguir a Compostela percorrendo o Camiño de Inverno e visibilízase a Feira do Viño de Chantada que abre cada ano as Feiras do Viño na D.O. Ribeira Sacra e que, xunto coa súa paisaxe de viñedo en socalcos, dá conta da importante tradición vitivinícola do municipio.

Turexpo Galicia será así durante 4 días, escaparate da oferta turística máis relevante de Galicia. Os concellos terán a posibilidade de informar das súas particularidades e contarase cun espazo común para demostracións e degustacións, convertíndose nunha gran oportunidade para divulgar o atractivo turístico do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.18749308586121