O firme do camiño lateral ao Museo do Ferrocarril de Monforte está sendo mellorado

RibeiraSacraXa
O Camiño lateral ao Museo do Ferrocarril está sendo mellorado polo equipo de Goberno de Monforte dentro do plan desenvolto para rúas de titularidade municipal, que engloban 13 vías de urbanas e rurais e que contan cun investimento total de 297.
Camiño lateral Museo do Ferrocarril
12 Ago 2023

O Camiño lateral ao Museo do Ferrocarril está sendo mellorado polo equipo de Goberno de Monforte dentro do plan desenvolto para rúas de titularidade municipal, que engloban 13 vías de urbanas e rurais e que contan cun investimento total de 297.800,63 € euros.

José Tomé Roca, destaca que “iniciamos así neste novo mandato o desenvolvemento dun ambicioso programa de mellora de infraestruturas viarias da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como Alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas dende o principio do meu mandato, e non esquecemos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos”.

Concretamente, o Camiño lateral ó Museo do Ferrocarril presentaba un firme que aconsellaba unha actuación completa de renovación do mesmo, sendo necesario proceder ao fresado dos entronques iniciais e finais da vía, previamente á colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente. Así, procedeuse ao fresado do firme, ao barrido do firme nas zonas afectadas por medios  mecánicos, e o asfaltado do firme estase a facer con aglomerado en quente tipo D- 12 de 5 cm de espesor.

Posteriormente, realizarase o recalce das tapas de rexistro en calzada  en dado de formigón. Trátase polo tanto dunha renovación completa do pavimento deste Camiño, nun total de 367 metros lineais, e conta cun orzamento de 23.831,89 euros.

O rexedor monfortino resalta que “isto supón a continuidade do desenvolvemento dun ambicioso programa de melloras de infraestruturas urbanas e da rede viaria da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas e que veño de renovar tras o respaldo acadado nas recentes eleccións municipais, e no que non esquecemos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos".

0.19970607757568