O firme da estrada provincial que vai desde Monforte ao polígono do Reboredo está sendo mellorada

RibeiraSacraXa
O firme da estrada provincial que vai desde Monforte ao polígono do Reboredo está sendo mellorada con presuposto municipal
obras polígono reboredo
18 Xul 2023

O alcalde de Monforte, José Tomé, xunto coa tenente de alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, supervisaron os traballos de mellora do firme da estrada provincial que vai dende Monforte ao polígono industrial de O Reboredo.

Estas obras, que contan cun presuposto de 315.000 euros, súmanse ás melloras levadas a cabo polo goberno local, como a nova vía de medio quilómetro construída na zona oeste, na que o Concello aportou 235.627,16 euros, e as actuacións de reforma dunha nave municipal que foi convertida na sede do primeiro Viveiro de Empresas industrial que ten o Concello de Monforte, e no que  investiu 235.913,45 euros.

A aposta dedicida do equipo de Goberno monfortino por este polígono empresarial do Reboredo tradúcese nas inversións realizadas no período 2016-2022, que superan o 1,1 millón de euros (concretamente, 1.108.949,26 euros), das cales o Concello aportou 602.703,84 euros e conseguiu axudas da Xunta de Galicia por importe de 506.245,42 euros.

Chan industrial para o polígono

O alcalde tamén recordou que o Polígono contará con 14.000 metros cadrados máis de chan  industrial procedentes da revocación de contratos de compra de diversas parcelas a cargo de varias empresas, establecidos nos anos 2006 e 2007, os que se engadirán 111.000 metros cadrados, cedidos pola Deputación de Lugo.

Ademais, recentemente, o alcalde anunciou unha inversión de preto de 5.000.000 euros para unha nova  depuradora no Polígono Industrial do Reboredo.

O éxito do polígono tradúcese no interese crecente de empresas por implantarse no mesmo, como o caso anunciado da farmacéutica KernPharma, que construirá unha planta de produtos inxectables, cun investimento inicial de 33 millóns de euros; ou a ampliación e mellora das instalacións da empresa de produtos lácteos, Oviganic Ibérica.

0.19977307319641