O filme 'Live is Life' proxectarase este domingo na Casa da Cultura da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
O filme 'Live is Life' proxectarase este domingo na Casa da Cultura da Pobra do Brollón no marco do Ciclo Mestre Mateo
Cinema galego Live is Life
16 Xuño 2023

Este domingo, 18 de xuño, a Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón acolle a primeira proxección do Ciclo Mestre Mateo ás 19.00 horas e de balde.

Esta película será a de ‘Live is Life’, finalista de catro premios Mestre Mateo, entre eles, mellor longametraxe.

A película, dirixida por Dani de la Torre e rodada na Ribeira Sacra, segue as aventuras dun grupo de adolescentes no verán do '85.

Cinema galego Live is Life
0.21267294883728