O Filandón de Músicas do Courel terá lugar o 4 de agosto

RibeiraSacraXa
As medallas serán este ano para Brenda González e Xosé Canosa
filandon-musicas-courel
Cartel
23 Xul 2024

Folgoso do Courel acollerá o día 4 de agosto unha nova edición do Filandón de Música, que chega a súa 27 edición, este ano dedicado á memoria dos cantores Sindy Carrera e Domingo Neira, artistas de Xestoso de Oencia.

O programa deste ano será presentado por Montse Estévez e terá lugar a partir das 19.00 horas na Ferrería Locay de Seoane do Courel, comezando coa chamada ao Filandón que será cos cornos celtas de Xan de Vilar, Manuel de Outeiro e Pepe de Soldón. Presidirá o acto Angelita Aira Crespo, raíña do Filandón.

As actuacións darán comezo co trío de violíns Tatiana Kostomarova, que interpretará o Alalá do Courel na memoria dos amigos do Filandón falecidos, antes das verbas de Ricardo Locay Aira.

Tamén pasarán polo escenario A Quenlla, que actuará na memoria de Xesús Mato, Mero e Miro Casabella como a actuación estrela da xornada.

Estarán tamén Isabel de Arcos, de Villamarín, Jacinta Fernández Alonso de Lentellais, Paula Pintos da Coruña, O Recanto de Quiroga, Rogelio de Aceveda, Fiuca e Blandina de Cotarós de Trives, Juan Corzo de Celavente do Bolo, Marco Foxo con Manuel de Outeiro, ademais de Carmen Penim con membros da Real Banda de Gaitas. Non faltará a Agrupación Musical do Courel.

As medallas do Filandón serán este ano para Brenda González e Xosé Canosa, presidente de Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramanet. Ademais, se entregará a Téresa de Hospitalidá a Juan Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia.

0.19095706939697