O FICH de Chantada queda adiado por mor das previsións metereolóxicas
RibeiraSacraXa
Os organizadores do Festival Independente de Chantada (FICH) anuncian que se cancela o evento debido ás previsións metereolóxicas, que indican fortes treboadas durante a fin de semana na zona sur de Lugo.
8 sep 2023

Así, dixeron estiveron buscando diversas solucións, pero non atoparon un espazo onde poder levalo a cabo que fora cuberto e onde o público e as bandas puideran desfrutar da experiencia, polo que quedará adiado a unha nova data que aínda teñen que definir
Por todo isto, os organizadores quixeron pedir desculpas, tanto ao público que ía a asistir como ás bandas, polo prexuízo ocasionado, así como a equipo técnico e demais persoas implicadas, así como agradecen toda a axuda e apoio recibido por estes sectores.