O festival 'Salvemos a Fraternal. A resurrección' do Colectivo Vermut será este venres
O Colectivo Vermut organiza un festival baixo o título de Salvemos a Fraternal. A resurrección para o vindeiro 29 de marzo na Sociedade A Fraternal, un edificio emblemático no barrio da estación de Monforte.
A primeira actividade que organizan con motivo deste festival é unha ruta guiada este xoves, 28 de marzo, por Rosa Ana Prieto, guía de turismo, que levará ás persoas participantes polo barrio da Estación nun percorrido de hora e media a partir das 19.30 horas.
Xa o propio día 29 celebraranse diferentes actividades, como o traballo comunitario de rehabilitación do edificio pola mañá, un bingo solidario con premios ás 16.00 horas, postos de comida e vermú, así como actuacións de música en directo da man de Os condesadores de fluzo ás 18.00 horas e Sara Burgo ás 19.00 horas.