O festival Polas Bravas regresa a Chantada entre o 30 e o 31 de maio

RibeiraSacraXa
A Asociación Polamiúda organiza por terceiro ano esta cita que contará con máis dunha ducia de actuacións
polas-bravas-festival
14 Apr 2025

Por terceiro ano, o festival Polas Bravas regresa a Chantada da man da Asociación Polamiúda, con máis dunha ducia de artistas confirmadas.

O evento naceu en 2023 como o primeiro festival feminista da comarca, co obxectivo de ser unha canle facilitadora do discurso feminista á veciñanza da contorna, e tamén unha vía de libre acceso a discursos, producións e contidos culturais alternativos e independentes.

As artistas confirmadas para esta edición son Bratzantifa, Marta Sempre Arriba, Pava, Eva Chloé, Erre que Erre, Lambe-Lambe, Isa Risco, Rager, Diana Kuricj e Inés Miras, Kris K DJ, Impro-Conas, Bandidas, así como Coro Infantil e o Coro Mulleres Bravas de Polamiúda.

⚙ Configurar cookies
0.072588920593262