O Festival de fin de curso e a Foliada de San Xoán da Pobra do Brollón celébranse este sábado
RibeiraSacraXa
O Festival de fin de curso e a Foliada de San Xoán da Pobra do Brollón celébranse este sábado nas que actuarán grupos musicais
23 Xuño 2023
A Pobra do Brollón celebra este sábado, 24 de xuño, dous eventos musicais para toda a cidadanía que estea interesadas nestes eventos culturais.
O primeiro é o Festival de Fin de curso, que terá lugar a partir das 18.30 horas na área recreativa de Samugueiros e no que actuará o alumnado da Escola Municipal de Música Samoeiro da Pobra do Brollón.
A segunda actividade terá lugar dúas horas máis tarde, ás 20.30 horas, no local social de Abrence e consistirá nunha Foliada de San Xoán no marco da iniciativa Foliadas Guímaras e na que participará Cantareiros de Cántigas e Frores. Nesta actividade, na que colabora a Asociación Veciñal 'Os Mouros do Castro' de Abrence, haberá sardiñada e carne ao forno para os asistentes.