O Festival de fin de curso do Conservatorio 'Mestre Ibáñez' terá lugar esta tarde no Edificio Multiusos
O Conservatorio Profesional 'Mestre Ibáñez' de Monforte organiza un acto de clausura do curso académico, “O Festival fin de curso do Conservatorio”, que terá lugar mañá esta tarde ás 19.00 horas no Salón de Actos do Edificio Multiusos.
Neste evento participarán todos os alumnos e profesorado do centro, e as actuacións realizaránse de forma individual, en distintos grupos de conxunto, coros e Orquestra.
Desde o goberno local invitan a todos os veciños a que participen deste evento gratuíto e dirixido a todo o público en xeral. O alcalde anima a todos os monfortinos e monfortinas a desfrutar do festival e a compartir cos alumnos e alumnas do conservatorio unha xornada "tan importante para eles que marca a finalización dun curso do que de seguro sacaron proveito", defendeu.