O Festival de Clausura das Escolas Deportivas de Chantada contarán con diversas actuacións artísticas
Esta tarde de 22 de xuño, ás 20.30 horas, terá lugar o Festival de Clausura do curso 2022/2023 das Escolas Deportivas de Chantada no pavillón municipal.
Para dar comezo á xornada, haberá un desfile de patinaxe como apertura do evento, que dará lugar a unha exhibición de patinaxe artística por parte de catro grupos: grupo de iniciación 'Ratoncitas', grupo intermedio 'Espías', cuarteto 'Egipcias' e pre-show 'No me atrapes'.
Despois, será a quenda dos grupos de ximnasia e baile a partir das 21.15 horas, co grupo de ximnasia rítmica de maiores, que actuarán cco tema 'We will rock you'; despois actuará o grupo de ximnasia rítimica de pequenas coa canción 'Bloody mary', a continuación daranlle paso ao grupo de maiores, que virán acompañadas das cancións 'Clavaito', 'Rumbatón' e 'Se acabó el amor'.
Máis tarde terá lugar un baile conxunto de maiores e intermedios, coas cancións 'El merengue' e 'Adiós', que será a antesala do sefuinte baile dos intermedios, coas cancións 'Llegaste tú' e 'Suave'. Xa para rematar, as persoas asistentes poderán desfrutar do baile dos pequenos, amenizado cos temas 'Mambo Nº5' e 'Más macarena'; e, por último, terá lugar a ximnasia da terceira idade, coa canción 'Muchas flores'.