O Festival das Letras Galegas chega a A Pobra do Brollón o sábado

RibeiraSacraXa
A Pobra de Brollón celebrará este sábado o seu Festival das Letras Galegas a partir das 18.00 horas na área recreativa de Samugueiros
junio festival fin curso pobra broullon
17 Maio 2022

A Pobra de Brollón celebrará este sábado o seu Festival das Letras Galegas a partir das 18.00 horas na área recreativa de Samugueiros.

A xornada contará coa actuación dos alumnos da Escola Municipal de Música de Samoeiro, os encargados de animar musicalmente o festivas.

Despois da actuación dos alumnos da escola municipal de música chegará o turno da maxia, co espectáculo “Hocus Pocus” a cargo do Mago Paco. Unha actuación chea de risas cores e moitas sorpresas, creada por e para os nenos e nenas e no que, de seguro, vai disfrutar toda a familia.

ENTREGA DE PREMIOS

O Festival das Letras Galegas servirá tamén para que o Concello de A Pobra do Brollón poida facer entrega de varios premios atrasados, que non se puideron entregar no seu momento por mor da situación sanitaria pola pandemia da Covid-19.

Deste modo, entregaranse os premios do Certame de Nadal e o Concurso de Tapas 2021, os dous premios da Feira do Viño de Vilachá e, cómo non, o Certame das Letras Galegas.

0.12679600715637