O Festival Colados chega por primeira vez a Bolmente o 12 de xullo

O Festival Colados chegará por primeira vez a Bolmente o vindeiro 12 de xullo, un evento que nace co obxectivo de poñer en valor a Ribeira Sacra e a súa riqueza a través da música, o viño e a gastronomía.
O festival, que terá a cultura do viño como eixo condutor, pretende ser máis que unha cita etnolóxica. Será un encontro coa paisaxe e a cultura, no que haberá actuacións musicais, obradoiros, espectáculos de maxia e exposicións, entre outras actividades.
O programa musical incluirá as actuacións de Os Parentes, 7 Rojo, Deloreans, Ministreles e Gaitukada Aikirindo. Ademais, os nenos poderán gozar da maxia do Mago Iago, dun contacontos da man de Anxo Moure, así como d obradoiros gratuítos e xogos tradicionais.