O Festival Brindadeira regresa a Ferreiros do 19 ao 20 de xullo

Ferreiros acollerá os días 19 e 20 de xullo a terceira edición da Brindadeira, un festival que naceu co obxectivo de recuperar e poñer en valor os brindos, un xénero de improvisación oral cantada propio das terras de Quiroga e O Brollón.
A programación arrancará o sábado 19 cun obradoiro de brindos e un espectáculo de improvisación, ademais das actuacións musicais dos Cantareiros de Cántigas e Frores e La Sincereza DJ.
O domingo 20, as veciñas e brindeiras organizarán unha andaina por Ferreiros, que rematará coa primeira Cata de tortillas.
As actividades desenvolveranse no local social e no campo da festa de Ferreiros. A iniciativa está organizada polo Concello da Pobra do Brollón e conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.