Catas e actividades diversas desenvolveranse durante o Festival 17º Ribeira Sacra
O Festival 17º Ribeira Sacra, que se desenvolverá os vindeiros 26, 27 e 28 de xullo en diferentes concellos da comarca, presenta as diferentes catas e actividades que se celebrarán durante eses tres días.
Así, o día 26 ás 12.00 horas comezará a a actividade coa Cata Pedaletas na Praia da Cova, e ás 13.00 horas haberá un concerto en catamarán na Ponte do Sil, mentres, ás 19.00 horas terá lugar a Experiencia Regina Viarium & Acústico nas Bodegas Regina Viarium.
Pola súa parte, o día 27 ás 10.00 horas desenvolverase unha actividade de ioga no parador de Monforte; ás 11.00 horas terá lugar unha ruta polas adegas de Vilachá na Pobra do Brollón; e ás 18.00 horas terá lugar a Cata a Cegas nas Bodegas Regina Viarium, que será por parellas; mentres que ás 19.30 horas terá lugar a Cata Territorios nas mesmas bodegas.