"O feitizo do Portón" foi a tapa gañadora do concurso Quiroga de Tapas
O bar O Portón gañou o concurso XI Quiroga de Tapas coa tapa “O Feitizo do Portón” nun evento que tivo máis afluencia de xente que outros anos, defenderon desde o goberno loca.
A casa consistorial abriu as urnas nas que estaban depositados os tapacartóns co nome dos establecementos votados polos participantes.
70 votos foron para o establecemento gañador, seguido moi de preto polo Mesón Ferreiriño, con 68 votos e pola Adega da María con 63 votos.
Os encargados do reconto de votos e de comprobar que todos os cartóns estivesen selados, foron o concelleiro de Xuventude, Luís Manuel Arias, e a delegada na zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Beatriz Vila.
Desenvolvemento do concurso
Seis eran os establecementos inscritos nesta edición que contou cunha numerosa participación, 323 tapacartóns debidamente cubertos.
Os participantes que votaban a súa tapa favorita tamén tiñan que poñer os seus datos persoais e era importante que estes datos fosen completos e lexibles posto que todos os tapacartóns entraron nun sorteo.
Os premios para os participantes eran numerosos: 200 € e 100 € en metálico, un paseo a cabalo para dúas persoas en Hípica Os Trancos (Monforte de Lemos), unha ruta en segway ao Mirador Pena do Castelo e degustación dun viño no Mirador; degustación dun viño para dúas persoas na adega Val do Frade en Vilachá; cea para dous en Chapakuña 3; cea de carne á pedra para dúas persoas na Cervecería Chamouco, en Bóveda; cea para dous na Botica ou cestas con produtos típicos da zona: Aceiroga, Atrium Vitis, Casa de Outeiro, Deiki, EDV 2015 e Lar de Ricobao.