O Faladoiro do Centro Social de Quiroga retomará a súa actividade en setembro

O “Faladoiro” do Centro Social de Quiroga retomará a súa actividade habitual en setembro, tras o descanso do verán. A Concellaría de Servizos Sociais e Participación Cidadá informa de que o vindeiro 25 de xuño, derradeiro mércores do mes, non se celebrará a actividade, debido a que ese mesmo día está prevista unha excursión a Ribadeo.
Esta iniciativa ten como obxectivo ofrecer un espazo de socialización e aprendizaxe, no que se parte dun tema concreto e dunha persoa convidada. As persoas asistentes poden participar para coñecer mellor á relatora ou relator, aprender e compartir as súas propias experiencias.
Este ano pasaron polo Centro Social de Quiroga persoas como Teresa Taboada, para falar sobre benestar, o cantautor e enxeñeiro agrónomo Rubén Gutiérrez ou a hematóloga Hermitas García.