O espectáculo ‘O Camiño do Afiador’ chega a Trives este sábado
RibeiraSacraXa
A función, protagonizada polo Mago Teto, combina maxia, tradición e narración de historias

13 Nov 2025
Este sábado 15 de novembro, Trives acollerá o espectáculo ‘O Camiño do Afiador’, protagonizado polo Mago Teto. A función terá lugar ás 20:00 horas no Auditorio Julio Vázquez, na Pobra de Trives.
Trátase dunha proposta que combina maxia, tradición e narración de historias, conectando coa memoria colectiva da comarca. O espectáculo promete unha viaxe divertida e máxica para todos os asistentes. Desde o Concello animan a non perder esta cita cultural que achega a tradición dun xeito moi especial.