O espectáculo infantil “A fantasía do Nadal” chega esta tarde a Monforte

A Casa da Cultura Lois Pereiro será o escenario esta tarde, ás 18.00 horas, do espectáculo musical “A fantasía do Nadal”, dirixido a público infantil e familiar. Esta actividade, que será libre e gratuíta, forma parte do programa das Festas de Nadal 2025-2026 organizadas polo Concello de Monforte.
O ciclo de eventos comezou o pasado 23 de decembro coa obra “Nadal en
prácticas” da compañía Lalá Teatro, e continuou o día 26 coa representación “O ladrón de xoguetes” de Títeres Cachirulo, ambas con boa acollida entre o público.
“A fantasía do Nadal”, de María Faltri, invita a un mundo máxico onde nada é imposible, cun espectáculo cheo de personaxes entrañables e momentos luminosos. María Faltri estará acompañada por Reyner Aldana na guitarra, coros e percusións para crear unha atmósfera especial para toda a familia.