O espectáculo ‘De Vilatriste a Vilalegre será representado este mércores en Taboada

O Centro Dramático Galego está de aniversario e dende a Área de Cultura do Concello de Taboada quixeron formar parte da súa xira para celebralo, polo que se organiza unha sesión de teatro para este mércores.
Así, a praza de Riazón do municipio acollerá este mércores 17 ás 20.30 horas o espectáculo ‘De Vilatriste a Vilalegre’.
A obra debe o seu texto orixinal a Roi Vidal Ponte, a dirección a Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño e o elenco está composto por Uxía Algarra e Roberto Casal, sendo a escenografía de Beatriz de Vega, o vestiario de Carmen Pichel e a música de Brais das Hortas.