O Espazo Xove de Chantada agora conta cunha plataforma elevadora na entrada

RibeiraSacraXa
O Espazo Xove de Chantada agora conta cunha plataforma elevadora na entrada despois das obras da Xunta de Galicia
Espazo Xove Chantada
3 Apr 2023

A Consellería de Política Social e Xuventude vén de mellorar a accesibilidade ao Espazo Xove de Chantada coa instalación dunha plataforma elevadora na entrada ao edificio.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado da actuación, que supuxo un investimento próximos aos 35.000 euros.

A obra incluíu a eliminación da escaleira para substituíla por unha plataforma elevadora con capacidade para cadeiras de rodas, co obxectivo de eliminar barreiras arquitectónicas e garantir o acceso a persoas con mobilidade reducida.

Tamén se mellorou un segundo acceso ao inmoble ampliando a escaleira existente para adaptala á normativa vixente. Arias destacou que os Espazos Xove da Xunta ofrece aos usuarios un conxunto de actividades e servizos orientados aos mozos e mozas da contorna.

Ademais, o de Chantada alberga a Unidade de Atención Temperá que comparte este Concello cos de Taboada e Carballedo e que está financiado pola Administración autonómica cunha achega de 293.000 euros ata o ano 2024.

0.18724083900452