O Espazo Xove de Chantada acolle a exposición de Adrián Penido durante abril

RibeiraSacraXa
Espazo Xove Chantada acoge la exposición del artista Adrián Penido durante todo el mes de abril. La inauguración fue el pasado 2.
adrian penido espazo xove chantada
9 Abr 2022

O Espazo Xove de Chantada acolle a exposición (A)mar, conxunto de obras realizadas polo artista silledense Adrián Penido, onde recolle a beleza e os horrores da mar a través da pintura e da escultura.

O artista emprega o tema mariño como fío condutor para falar sobre subtemas coma a contaminación, a migración e o narcotráfico.

Faino explorando a fusión entre a abstracción e a figuración, contraste que se pode observar en cada unha das obras expostas. “Trátase dunha búsqueda estética onde o abstracto contrasta coa figuración”, afirma Penido.

En “Open Arms” pódese observar esta búsqueda. Onde percibimos como a aleatoriedade da mar se enfronta a figura do barco.

Outra constante na proposta artística é “abrazar o erro” como parte da obra. Tamén está presente o xogo de texturas. Podemos atopar obras con carga matérica como é o caso da “Erminta da Virxe do Porto”, onde Penido emprega a grava para aportar peso e volume a composición. Así é como o artista nos envolve nunha paisaxe galega convulsa pero fermosa, onde unha aguia outea os ceos lembrándonos da ameaza continua, aínda que silenciosa, do narcotráfico nas nosas costas.

A obra “ESP 5176” marca o inicio dunha etapa de experimentación no uso das teas e a súa xustaposición. “A idea era aproveitar teas pequenas que sobraban doutros cadros e con elas xogar, crear texturas e diferentes efectos”, explica Adrián. Esta reciclaxe das teas pódese ver noutras obras da exposición, como é o caso de “Contrabando”, onde o artista crea espazos na composición. Unha pequena xanela que nos permite observar restos de caixas de tabaco da marca Winston, facendo así un guiño aos inicios do contrabando do tabaco en Galicia.

A inauguración que foi o día 2 de abril contou ca presenza de outros artistas da contorna como Miguel Tierra, os cales amosaron gran interese pola proposta artística presentada por Adrián Penido.

Ó longo do mes de abril poderase seguir desfrutando da exposición no Espazo Xove de Chantada. Adrián Penido manifestou o seu agradecemento ó espazo, a Marina e a Libia, que axudaron na organización deste evento.

0.21116900444031